epistolário de eugénia nogueira riomol_028
Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu soupen da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e na língoa orixinal, con algunha resposta miña.
——————————————————————————————————————————-
Benquerida curmá:
O corpo segrega sabiamente substáncias que nos fan saber esas cousas sen que nolas diga ninguén.
Se es diferente, fas unha vida diferente e, portanto, o teu metabolismo é diferente, e envia diferentes instruciós ao corpo.
Cando tés algunha caréncia, móveste máis engorde e reaccionas máis no tempo que no espazo.
E cando alguén coma aquela profesora de ximnásia se atreve a decirche mirándote aos ollos que sempre, toda a tua vida, terás ese problema, agradécesllo pero xa chega tarde. Porque hai tempo que o sabes. Todas as tuas estruturas sábeno. Todas as tuas células teñen tomado posiciós e están preparadas. E elas non o calan.
Unha aperta do teu curmao.
Ainda sem comentários.