un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_031

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu soupen da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e na língoa orixinal, con algunha resposta miña.

———————————————————————————————————————————————————-

Benquerida curmá:

     ás veces teño medo da vida. Teño medo da história. Teño medo das doenzas.

     e refúxiome no paradiso dos momentos felices. Nun soño dóce. Se a dor me deixa.

     teño medo da dor das auséncias. Da dor pola xente que xa non está, o tempo que xa non está. Eu mesmo que xa non estou.

Recibe unha grande aperta do teu curmao.

2008/01/22 - Publicado por untalmarra | epistolário | | No Comments Yet

Ainda sem comentários.

Publicar um comentário