fotos_060

Lugo, 29 marzo 2008 ©xosé marra
se cuspes ao ceo, cáeche na cara
A AUGA DA BILLA, NOS EE UU, LEVA MEDICAMENTOS.
41 millós de estadounidenses beben na auga da traida antibióticos, tranquilizantes, antidepresivos, hormonas, aspirinas e moitos máis productos químicos.
(11 marzo 2008, Diário El País, )
(Se analizáramos a nosa, talvez teria purín, herbicida, ou sulfato das patacas, polo menos.)
epistolário de eugénia nogueira riomol_036
Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu soupen da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e na língoa orixinal, con algunha resposta miña.
———————————————————————————————————————————————————-
Benquerida Eugénia:
A vida é este anaco de mármore branco
do vertedoiro da cociña
que vexo cada mañá
cando fago o café.
Non é preciso ir máis lonxe
para comprendelo todo.
Recibe unha forte aperta do teu curmao.
a infámia non ten fronteiras
Quercus denuncia abate ilegal de azinheiras por empresários espanhóis
A associação ambientalista Quercus acusa empresários espanhóis de promoverem o abate ilegal de centenas de azinheiras no Alentejo e exige a abertura de um processo de averiguações e a plantação de novas árvores desta espécie protegida.
(Diário Público, 23.03.2008)
fotos_059

Semana Santa Lugo, 21 marzo 2008 ©xosé marra
fotos_058

Semana Santa Lugo, 21 marzo 2008 ©xosé marra
irak: cinco anos de inferno
hai cinco anos comezaba a masacre do povo iraquiano
©xosé marra 21 marzo 2003
Lugo, 2003 ©xosé marra
fotos_057
NON ESTACIONAR, CALEXÓN SEN SAIDA

Lugo, 2 marzo 2008 ©xosé marra
fotos_056
FOGAR CON CHEMINEA

Sárria, 18 marzo 2008 ©xosé marra

