epistolário de eugénia nogueira riomol_035
Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu soupen da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e na língoa orixinal, con algunha resposta miña.
———————————————————————————————————————————————————-
Benquerida Eugénia:
Chúvia en min.
A mañá húmida de frores brancas na xanela
soa coma unha chamada estéril e baleira.
Camiño engorde por riba da madeira do piso
e encho as paredes de olladas serenas coma bolboretas.
Un bolero calado pinga notas dóces na miña orella
e no ar resoa o eco da tua voz
eterna.
Recibe unha aperta do teu curmao.
Ainda sem comentários.