epistolário de eugénia nogueira riomol_047
Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.
———————————————————————————————————————————————————-
Benquerida curmá:
Non te preocupes.
Cando sucede isto, que parece que se me rompe todo, e que me sae a alma pola boca, non é porque ti marches. É porque eu fico.
Ás veces o subconsciente aproveita as ocasiós.
E cando aparece unha situación feliz e abres as portas para que entren os sorrisos, comezan a sair as bágoas acumuladas dentro.
Pero non, non te preocupes. Pois agora fico contigo no meu interior.
Un abraciño.
fotos_131 compostela
A SANTY LÓPEZ E AS SUAS LEICAS

Compostela, 22 outubro 2008 ©xosé marra








