fauna invasora

Sárria, 27 agosto 2008 ©xosé marra
.
ESPÉCIES INVASORAS.- Réptiles
Boa constrúctor
Nome vulgar: Cobra das contratas.
Descripción: cabeza estreita, ollada fixa, língua bífida. Carece de corazón. A sua cor é aladrillada.
Boa constrúctor é unha espécie de réptil que, a diferéncia dos demáis ofídios, achégase ás suas presas arrastrándose ruidosamente, acósaas, atrápaas e prémeas con forza até asfixialas, e coas suas rabexadas arrasa todo o que se lle pon por diante. Ás veces, atragántaselle algunha presa ben informada.
É moi común en Galiza, onde está en franca expansión. É unha espécie invasora. É omnívora e adáptase a todo tipo de terreos e ecosistemas, xa que os destrue para colonizalos.
A sua mordedura é moi perigosa, dándose casos fatais. Morden mesmo sen seren molestadas. O antídoto para o seu veleno é a cultura.
Acode ao son da caixa rexistradora, e ao tintineo das moedas.