un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

pan con manteiga

xeranio01.jpg

no cume non medra nada

non hai vexetación.

nen os sentimentos — que son as árbores da alma —

medran no cume.

non hai no centro augas definitivas

todas fluen

corren cara a unha vertente ou cara á outra.

Anúncios

2007/06/29 Posted by | o do dia | Deixe um comentário

que o lume nos sexa propício

lume02.jpg

que o lume que queima os malos fados 

e  a auga de ervas da noite de san xoán

fagan agromar con forza a vida  e a alegria

SAUDE E TERRA !

ervas01.jpg

2007/06/24 Posted by | o do dia | Deixe um comentário

marexada mar de fondo mar de vento

xog01.jpg

dias difíceis.   empaquetar en caixas o pasado.   papeis, roupas, armários, recordos, sentimentos, alegrias, tristezas.   amar as cousas.

fotos, obxectos, sensaciós.   plantas, espácios, paredes con alma.   fotos.   aire, atmosferas, choiva, tempo húmido e frio.

vivendas sen alma, pisos alleos, moradas valeiras, futuro incerto.   non romper nada, non tirar nada.   romper.

romper co tempo, abandonar os anos, traizoar os recordos.   pasear, agredir, voltar, marchar do pasado.

retornar para non retornar máis.   pechar unha porta.   romper, matar mistérios.   eliminar o pouso dos anos.

valeirar recunchos incertos.   recuperar vencellos.   pechar e abrir.   perder e gardar.   sofrer e gozar.   esquecer e lembrar.

morrer e revivir.

e anceiar a calma chicha.

csa01.jpg

2007/06/21 Posted by | o do dia | 1 Comentário

coma o tempo e a auga

filete01.jpg 

chove e escampa chove e escampa chove e escampa

o sol brilla na erva mollada

coma un saxofón

fai escalas de luz

as nubes pulsan as chaves e dosifican a cantidade xusta de sol

a love supreme

ceo gris follas verdes terra mollada

domingo.

2007/06/19 Posted by | o do dia | Deixe um comentário

as voces amortiguadas

cebra_01.jpg

As pingas da choiva mansa lavaban o mundo. Escurecian as cores. A luz baixaba.

Camiñaba engorde pola beirarrua. Pensou nun libro que, ao ilo lendo, ia perdendo as suas palabras e consumíndose. Dun só uso.

E, de súpeto, cruzou o seu camiño unha liña branca e negra. Un gato saiu veloz da xanela do soto e metéuse baixo dun coche.

Levaba xa dias rondando aquela zona.

2007/06/16 Posted by | o do dia | Deixe um comentário

trono no rio celeiro

hoxe as nubes pasan e de cando en vez tapan o sol

despois déixano alumar de novo

renace a vida cada vez que sae

catrocentos vinte menceres nun só dia

cantan os paxaros é martes

o rio os campos

onde antes habia erva agora hai millo para ensilar

e a amenaza do asfalto

agroman os marcos da expropiación

expro01.jpg

2007/06/12 Posted by | nubes, o do dia | Deixe um comentário

IRMAO WILY AMIGO CAMARADA

 

ESTÁS A DIÁRIO NA MEMÓRIA. 

NO OUTONO FERMOSO DO RIO MERA. 

NESTA DOR NAS COSTAS 

QUE ME ENGAIOLA NAS NOITES. 

NA BELEZA DAS FORMAS 

E NOS SOÑOS DA PRIMAVERA. 

ESTÁS NA AXENDA DO MEU MÓBIL 

COMA AGARDANDO 

UNHA CHAMADA INSÓLITA 

E TOLA 

DESDE UNHA FESTA 

CON CHURRASCO E MOZAS. 

 

—————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————— 

 Amigo Wily  (xuño 2006)  

 
 
 
 

Días tristes nas carballeiras de Botos. Rebentan de frores os sabugueiros, arrecenden as madreselvas, romba o trono no ceo.  

Fóisenos o amigo, o neno grande, o home máxico, o corazón sinceiro. Unha ollada azul de lóstrego famento de formas, unha república independente de cores brillantes e luz sonora, unha carballeira no deserto dos días. 

Nunca eu vira acariñar a madeira cunha ruidosa motoserra con tanta, tanta tenrura. 

Levo as catro letras do teu nome marcadas a lume, que me escocen sobre a pel, en carne viva desgarrada. 

  

E agora, falaremos todos do grande artista, farémoslle homenaxes, diremos o bon e xenial que era. E mesmo recoñeceráno aqueles que até agora o ignoraron. 

  

 

  

 
 
 

wily_0004.jpg 

Wily, na carballeira de Santa Sabela (Outeiro de Rei)           ©xosé marra / 2005 

  

  

 

 

2007/06/08 Posted by | o do dia | 4 comentários

espello retrovisor

17,95 euros. Pouco máis en dólares.

Na vitrina valeira dun todo-a-cén. Aló estaba ela. Soziña, sen comprador. Ollando aos transeúntes.

Marilyn inmortal.

Coma un espello no que mirarse. Un espello retrovisor. Cara atrás no tempo. No desexo.

Nas ilusiós e nos soños da grande pantalla. Na fermosura do branco e negro.

2007/06/07 Posted by | o do dia | Deixe um comentário

aquelas fotos

loitas1.jpg AS LOITAS  

 

politicos9.jpg  OS POLÍTICOS 

 

as20xentes1.jpg  AS XENTES 

paredesquefalan9.jpg  PAREDES QUE FALAN 

(películas negativas kodak triX, tmax 400 e 3200; fuji neopan 400 e 1600 )

2007/06/06 Posted by | controlzeta | Deixe um comentário

o mundo é redondo

forno001.jpg

Todo discorre en curva. E remata pechándose sobre si mesmo. Porque o mundo é redondo.

O Dario Carreiras é un creador de ilusiós.

Desde o seu cuartel xeneral, o Forno de Marrakesh — un local cheo de máxia, frecoentado por artistas, operários da construcción, viaxantes, tipos solitários, cuadrillas de adolescentes, e até algunha xente normal — lanza boomerangs de xenialidade á atmosfera que tarde ou cedo regresan á barra do seu bar.

Un sábado, chegou coma de costume á porta da libraria Malla, entrou, e logo de subir as escaleiras parouse diante dun libro. Abriuno, e comezou a ler. E pouco a pouco foi sentindo cómo a sua própia realidade pingaba, alimentando o conto. El era o protagonista da história, na que estaba a facer un xogo de máxia da sua autoria. Nun conto escrito por unha descoñecida.

En realidade, o Dario Carreiras viña de facer o máis xenial dos seus números de ilusionismo. A sí mesmo: Rizara o rizo.

E é que o mundo é redondo.

2007/06/03 Posted by | o do dia | Deixe um comentário

a música da mañá

xeranios01.jpg

os vencellos no ceo, tolas carreiras aéreas.

ao lonxe, un merlo de cristal.

— no médio dos coches, das voces, dos pasos —

o Sol, maior.

xeránios en frol.

http://acerdeira.wordpress.com/

2007/06/02 Posted by | o do dia | Deixe um comentário

a horta e a xanela

cerdeira02.jpg

heime aliar coa cochorra

atrincheirarme na horta

e amarrarme ao sabugueiro

nesa arañeira de ponlas

e de dias

facer fronte común

cos pardais e o paporroibo

heime aferrar á terra

e ás raices da cerdeira

e botar frores brancas

en cada primavera

http://acerdeira.wordpress.com/

2007/06/02 Posted by | o do dia | Deixe um comentário