un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

conflito lingüístico

_dsc9011.jpg

Eu non son lingüista, pero acó vexo un problema.

A normativa oficial da língua galega dí PRETO cando nos referimos a algo que está próximo. (Vicino a te, en italiano; cerca de ti, en español). Pero na miña terra, eu sempre escoitei PERTO DE TI, ou ONDA TI.

Na língua irmá do galego, o portugués, PRETO significa negro.

E mesmo en Cuba ás fermosas xentes de pel escura que aquí chamamos negros, chámanlles PRIETOS.

Pero ás veces, o término negro utilízase despectivamente, e con connotaciós racistas cara a esas fermosas xentes de orixe africana.

E pódense dar curiosas e confusas situaciós como a da foto.

2007/10/22 Posted by | o do dia | Deixe um comentário