un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

a natureza é fermosa así, natural

A FERVENZA DE SANTALLA DE LÓUZARA  

 ( Un titular no diário El Progreso, 21-02-2008 páxina 22:“Samos prevé acondicionar el entorno de la Fervenza de Lóuzara, en Santalla”).

—————————————————————————-

 A Fervenza de Santalla é un lugar fermoso, natural e frondoso, feito polo tempo. Poucos paraxes van quedando xa en estado natural, coma ese. O Concello pretende facer “tareas de desbroce” e colocar mesas e bancos de pedra. Parece que a moda de rasurar exténdese. Só falta que lle poñan o chao de terrazo e as paredes alicatadas de azulexo. A Natureza está fermosa así, como é, na sua frondosidade natural, sen destrozar as paisaxes. Se non somos quen de apreciar a beleza de algo que tardou centos de anos en formarse, sen necesidade de retocala, é que nos falta educación ambiental. Parece que se non lle damos o último toque “humano”, non existe como património natural. Pretendemos revalorizala, e o que facemos é estragala.

Por favor, señores do Concello, deixen que a Fervenza chegue aos nosos netos como a deixaron chegar até nós os nosos avós.

 

_dsc3669.jpg

Lóuzara, 18 agosto 2007    ©xosé marra

 

 

 

2008/02/29 Posted by | notícias, o do dia | Deixe um comentário

novo blog: o rio celeiro

riooooooo.jpg 

NOVO BLOG: O RIO CELEIRO

2008/02/26 Posted by | notícias | Deixe um comentário

fotos_052

dsc_0029.jpg

Sárria, maio 2005    ©xosé marra

2008/02/26 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

os grandes partidos manipulan a información da campaña electoral nas televisiós

entre os partidos e as televisiós, todos engañados, votantes e traballadores dos médios

OS GRANDES PARTIDOS PRODUCEN A SUA PROPIA INFORMACIÓN AUDIOVISUAL SOBRE OS MÍTINES, E NON PERMITEN ÁS TELEVISIÓS GRAVAR AOS SEUS LIDERES.

(Diário El Pais, 17.02.2008)

2008/02/24 Posted by | notícias | Deixe um comentário

fotos_051

dsc_014000.jpg

Sárria, mayo 2005   ©xosé marra

2008/02/24 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

epistolário de eugénia nogueira riomol_034

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu soupen da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e na língoa orixinal, con algunha resposta miña.

———————————————————————————————————————————————————-

Querido primo:

cuando todo coincide

cuando esa luz incidente

se desborda en mis ojos

y el verdor de las hojas se diluye en la calma

cuando todo es redondo

y los pájaros trazan pinceladas brillantes

sobre el atardecer de silencio

fluye suave el tiempo

en una nube blanda

parado como un árbol

a punto de florecer

 

Te envía un beso enorme tu prima Eugenia.

2008/02/24 Posted by | epistolário | Deixe um comentário

fotos_051

NA MIÑA MAU 

_dsc6241.jpg

Lugo, 13 febreiro 2008   ©xosé marra

2008/02/22 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_050

_dsc1299.jpg

Lugo, 16 febreiro 2008    ©xosé marra

2008/02/16 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

epistolário de eugénia nogueira riomol_033

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu soupen da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e na língoa orixinal, con algunha resposta miña.

———————————————————————————————————————————————————-

Estimada curmá:

olla, hoxe vou escribir así, de esguello. Veño de mudar a hora dos reloxos. Darlle para atrás. Sonou o espertador ás once, erguinme ás once e média, pero eran as dez e média. Xa me estaban a amolar unhas pombas na caluga.

agora fala na rádio3 juanpablosilvestre de babel. Os corvos berran fóra mentras o sol tenta subir por tras da cerdeira ainda con follas verdes. Canciós de carloscano marialaportuguesa.

a cerdeira verde os xeránios a maceta amarela tras do cristal da xanela malva a lámpada de papel rosaeverde enriba da mesa chea de cousas e roupa a máscara africana a música e os libros da estanteria negra as chupas penduradas na porta xunto ao cartaz de casinodeparisfeminissima abrindo as portas de corredeira cara ás tres postais tamén de paris violonchelo-xitaniña-fotógrafo nós os tres sempre o espácio para o armário o corcho cos recordos a tela da índia máis libros a cama con maladie d´amour nastassiakinski máis libros e de novo a corredeira para sair ao sofá por baixo do foco o cocidodelalín máis libros e a foto de saavedra co confesionário a cabeza de pedra baixo da foto do chapapote a escaleira negra chea de plantas e de novo a xanela malva a maceta amarela os xeránios e a cerdeira verde e os corvos e no centro de todo mundobabel.

Moitos bicos do teu curmao.

2008/02/16 Posted by | epistolário | Deixe um comentário

fotos_049

VOTO DE POBREZA

09020815000.jpg

Lugo, 09 febreiro 2008   ©xosé marra

2008/02/11 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

nubes_029

_dsc1798.jpg

Lugo, 07 febreiro 2008   ©xosé marra

2008/02/11 Posted by | fotografia, nubes | Deixe um comentário

fotos_048

FOI ASÍ, DE SÚPETO, REMATOU O ANTROIDO E CHEGOU A COARESMA 

090208014.jpg

Lugo, 09 febreiro 2008   ©xosé marra

2008/02/09 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

xa veredes, co tempo, todos mutantes

CHEGAN AS ÁRBORES TRANSXÉNICAS.

(Diário El País, 06.02.2008)

—————————————————–

AS MULTINACIONAIS LEVAN ANOS EXPERIMENTANDO NA GALIZA CON ORGANISMOS MODIFICADOS XENETICAMENTE (OXM).

(ADEGA, 04.02.2008)

(Diário La Voz de Galicia, 21.02.2008)

——————————————

NACE A  PLATAFORMA GALEGA ANTI-TRANSXÉNICOS.

—————————————–

EXPERIMENTOS CON  ORGANISMOS  TRANSXÉNICOS

2008/02/06 Posted by | notícias, o do dia | Deixe um comentário

fotos_047

_dsc1679.jpg

Martes de Antroido – Lugo, 5 febreiro 2008    ©xosé marra 

2008/02/06 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

viva o antroido!

QUE NON CHE PAREZA MAL,

QUE ESTAMOS NO CARNAVAL!

_dsc619900.jpg

Lugo, febreiro 2008   ©xosé marra

2008/02/02 Posted by | fotografia, o do dia | Deixe um comentário