epistolário de eugénia nogueira riomol_038
Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu soupen da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e na língoa orixinal, con algunha resposta miña.
———————————————————————————————————————————————————-
Benquerida Eugénia:
Krakatoa na gorxa. Amigdalite na alma. Dias de chúvia e febre.
Os ianquis guindan un mísil contra dun satélite nocivo, coma eles. Eu guindo antibióticos contra dos xermes nocivos. Macrólido mísil.
Comeza a campaña electoral.
Vota Streptococcus viridans
Vota Candida albicans
Vota Plasmodium vivax
Todos nocivos.
Coma eles.
Recibe unha aperta do teu curmao.
as pizarreiras do caurel
A UNIÓN EUROPEA ATOPA IRREGULARIDADES NAS CONCESIÓS
(11.05.2008, Diário El Progreso)
Canteira d´A Campa, febreiro 2007 ©xosé marra
outras exposiciós (retro)
GALICIA CALAMIDADE
PUB TARASCA, Compostela, novembro 1993
—————————-
—————————-
A MAIORIA SILENCIOSA
CASA DA CULTURA de Chantada, abril 1994
—————————–
—————————–
EM LISBOA
PUB GOLETA, Lugo, marzo 1995
—————————-
—————————-
FOTOGRAFIAS DUN TAL MARRA
SALA BACABÚ, Lugo, novembro 2000
————————————–
————————————–
ARTESARRIA 2001
con tenrura pódena chamar marquesa pero, que sentido ten salvar do incéndio unha vaca neste tempo de incineraciós indiscriminadas no que o labrego é vixiado e sospeitoso de ser un delincuente.
Série de 4 fotos, 100 x 70 cm.
CASA DA CULTURA, Sárria, marzo 2001
—————————–
—————————–
SARRIACONTEMPORANEA 03 – 04
matemática dura
Impresión dixital con texto, 120 x 70 cm.
A presente obra, feita a partir dunha fotografia que representa un operário da construción, pretende denunciar o tratamento que lle dan os médios de comunicación social ás vítimas dos accidentes laborais (notícias breves), frente a outros mortos que son máis rendíbeis para o poder (mortos de calidade nas portadas dos informativos).
CASA DA CULTURA, Sárria, abril 2003