un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_038

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu soupen da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e na língoa orixinal, con algunha resposta miña.

———————————————————————————————————————————————————-

Benquerida Eugénia:

Krakatoa na gorxa. Amigdalite na alma. Dias de chúvia e febre.

Os ianquis guindan un mísil contra dun satélite nocivo, coma eles. Eu guindo antibióticos contra dos xermes nocivos. Macrólido mísil.

Comeza a campaña electoral.

Vota Streptococcus viridans

Vota Candida albicans

Vota Plasmodium vivax

Todos nocivos.

Coma eles.

Recibe unha aperta do teu curmao.

 

2008/05/11 Posted by | epistolário | Deixe um comentário