un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

sempre wily

  Elegía  (Miguel Hernández)

blog-wily.001-1

O escultor António Taboada, Wily, co seu violín, en Padrón  ©xosé marra 1986

————————————————–

(texto de Antón Lamazares, tirado da web A SOLAINA, do artista Paco Lareo)

“Wily, Toñito, Baloira…Uns chamanlle Toñito, outros chamanlle Wily, eu sempre lle chamei Baloiras, e que era unha baloira, tan alto, tan guapo, tan espabilado.

Gústaballe moito xogar ao futbol, e canear, regatear, collía o balón e non pasaba o balón, quería regatearnos a todos…

Baloiras era un rapaz formidable, soñador, cariñosisimo. Un rapaz inocente dende o millor sentido da palabra. Un rapaz para quen o mundo era pequeno, de aí, como ben dicía Paío, cando ía a Italia viña falando Italiano, cando ía a Andalucia viña falando andalúz, cando ía ao Xapón, que non foi, falaba Xaponés…e inventaba cousas bonitas, si.

A min paréceme que a memoria de Baloiras vai a ser larga, grande porque a cousa importantes que temos os homes, sexamos pintores, sexamos albaneis, sexamos agricultores, curas ou garda civiles, ou o que sexa é ser personas. E dudo que na nosa zona haxa unha soa persoa que non lle queira a Baloiras.

Todos sabemos que Baloiras era un rapaz especial, claro, porque que o día que Baloiras se poñía fino nin Maradona tiraba os penaltis como el pero outro día poñíase a tocar a guitarra nunha esquina e non lle importaba que lle botasen cinco pesos, pero non era unha aptitude del artística , non era unha aptitude de pobre, era unha aptitude de grande, de espíritu…

El quixo inventar o mundo a súa maneira, que é a cousa máis bonita que lle pode pasar as persoas grandes pero bueno, o mundo corre por onde corre… e aquí estamos.

O amigo Baloiras, o baloiras que eu quero, era un Baloiras cariñoso, respectuoso, incapaz de ofender a ninguén, oservador de todo, soñador de todo…que curiosamente algunha vez que tratei, dende as minhas posibilidades pequenas, de botarlle unha mao no sentido organizativo e sempre botaba a correr. Cando tiña que estar sempre botaba a correr. Cada un debúxase a súa maneira.

A figura de Baloiras é grande e medrará moito…Baloiras era creativo, era soñador e esa unha das facultades máis grande que temos as persoas… durará moito tempo a memoria de Baloiras”

Antón Lamazares

 

Anúncios

2009/06/08 - Posted by | fotografia, nubes, o do dia

Ainda sem comentários.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: