un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_065

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

 —————————————————————————————————

     Benquerida curmá:

Pôe-te em guarda. Hai ás veces xente que quere subtitular as nosas vidas. E a tradución é tendenciosa.

Hoxe está un dia escuro de chúvia que fai que me meta nun recunchiño, aló no fondo. As formas do vento vense nas árbores.

Ás veces, vexo de esguello algo que se move aí nun recanto do campo visual, nas beiras dos lentes, coma un deformado límite. E xiro a cabeza, e faise un paxaro, unha folla que cae, un siléncio que rompe.

Medra de novo a lua. Nesta cidade, nesta rua, nesta casa e, non estou certo, en min mesmo. Os chantos ergueitos da horta dividen con calma os espazos. As follas secas da cerdeira caen lentas, unhas a un lado, outras ao outro. E o tempo pasa engorde.

     Unha grande aperta do teu curmao.

Anúncios

2009/12/06 - Posted by | epistolário

Ainda sem comentários.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: