un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_072

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

 —————————————————————————————————

     Benquerida curmá:

entrei na tenda. saiu unha muller de detrás do mostrador. Que quere?  Tén pan? Teño. hai barras, roscas, bolos de hoxe fresquiños. e pan do pais de quilo, e de médio. Déame ún de médio. Non quedan. Logo, déame unha rosca. canto é?

a tendeira colle unha rosca e, ollando para un lado, intenta introducila nunha bolsa de plástico pequena. a bolsa rompe, ela insiste, sen ollar para o pan, e berra  A QUEN LLE DISPAROU, AO NEGRO?

eu dígolle Que? como? unha voz, ao fondo, responde. Non, ao outro, o que estaba coa rapaza. Canto é? Noventa e cinco. Até logo.

     Recibe unha aperta do teu curmao.

Anúncios

2010/02/03 - Posted by | epistolário

3 comentários »

  1. bueno, bueno, encantame este espistolario!
    de verdade que sí.
    Pero paro de ler, son para masticalas e saborealas, non para engulilas enteiras!

    existe, a tal curmá, ou é unha persoaxe literaria que te inventaches?

    Comentar por zeltia | 2010/06/29

  2. existe untalmarra?

    Comentar por untalmarra | 2010/07/06

  3. qué galego me es! 🙂 (non no sentido pexorativo do término -que dicia aquela innombrable-)

    Comentar por Zeltia | 2010/07/06


Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: