un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_077

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

 ————————————————————————————————

     Benquerida curmá:

Xa chegaron. Xa están aquí, cos seus chios alegres. A sulcar o ceo coma fouciños negros. Coma sorrisos voadores. Por riba das ruas, acariñando a muralla cos seus voos tolos. Enchendo o espazo co son do verao.

Os vencellos chegan á cidade todos os anos por  estas datas. Tres dias arriba, tres dias abaixo. Levo trece anos tomando nota da sua chegada. No 1998 chegaron o dia 6 de maio; no 1999 e 2009, o dia 2 de maio; 2000 e 2003, o dia 1 de maio; 2001 e 2010, o 27 de abril; 2002, 2006 e 2008, o dia 26 de abril; no 2004 chegaron o dia 23 de abril; 2005, o 28 de abril; e no 2007 foi cando máis madrugaron, o dia 16 de abril . E sempre á tardiña.

Ás veces, como neste mesmo ano, ao vir de novo a friaxe e mesmo a neve, desaparecen uns dias para voltar coa milloria do tempo.

 Os vencellos fano todo no aire. Só pousan o seu corpo para faceren o niño e para alimentar aos poliños. Durmen, comen, ás veces aparéanse, xogan, cazan, e defenden o seu território voando. Sempre voando. E regresan sempre ao mesmo fogar. Cada ano. Toda a sua vida. Logo de percorrer voando máis de dez mil kilómetros, a mesma parella que no  verao marchara cada ún polo seu camiño para as terras quentes de África, atópase de novo e recomeza a crianza.

Cando os polos emprendan o seu primeiro voo, será longo, pois durante dous ou tres anos permanecerán voando, sen tocar terra, até que lles toque formar unha parella e escoller un tellado para aniñar.

Estou a seguir cos ollos os seus voos fermosos coma facia cando era neno e voaba con eles polo ceo do verao. Coa música do verao.

Non toco terra.

     Unha forte aperta do teu curmao.

 

Anúncios

2010/05/09 - Posted by | epistolário

Ainda sem comentários.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: