un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

fotos_349 o sumidoiro

Lugo, 27 outubro 2010          ©xosé marra

2010/10/30 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

epistolário de eugénia nogueira riomol_091

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Querido primo:

surge la sonrisa en la mañana

campanillas del bosque

gotas de sol

las hojas

el otoño son hojas

y las hojas son libros

y las hojas

son

ya

libres.

     Recibe un abrazo de Eugenia

 

2010/10/29 Posted by | epistolário | Deixe um comentário

fotos_348 as alfombras

Lugo, 27 outubro 2010          ©xosé marra

2010/10/28 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_347 as barredoras

Lugo, 27 outubro 2010          ©xosé marra

2010/10/27 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_346 a mosca

©xosé marra

2010/10/26 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_345 o caldeiro

Lugo, 9 outubro 2010          ©xosé marra

2010/10/19 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_344 aló vai o san froilán

Lugo, 9 outubro 2010          ©xosé marra

2010/10/14 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_343 medieval

Lugo, 12 outubro 2010          ©xosé marra

2010/10/13 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_342 lua que medra

Lugo, 10 outubro 2010          ©xosé marra

2010/10/11 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

epistolário de eugénia nogueira riomol_090

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Benquerida Eugénia:

Onte fun mercar unha planta de ruda.

Os xornais penduraban diante da libraria, presos con pinzas de tender a roupa. A sombra dos titulares caia de cheo sobre dunhas pequenas macetas pousadas na beirarrua, ao pé da porta da floraria. Entrei, e falei co home das flores:

–é ruda, non si?  

–é.

— está fumigada?

–non, pero…

— é que teño unhas eirugas…

— xa, teño un produto para botarlles que…

— non, non, é que preciso que non estea fumigada, é para darlles de comer a unhas eirugas.

— ah, interésanche as eirugas?, acendéuselle o rostro cun sorriso solprendido e conmovido. Dous ou tres clientes que escoitaran a conversa viraron a ollada cara a min convulsivamente.

— sí, é unha eiruga que só come fiúncho ou ruda.

— pero…, os fiúnchos do campo?

— si, si, é unha bolboreta grande, moi fermosa, que tén duas colas nas ás, a Papilio machaon. Eu antes tiña unha ruda grande cando tiña horta, e todos os anos aparecian nela várias eirugas, moi fermosas tamén, amarelas, verdes e negras.

— que raro, a xente leva a ruda para moitas cousas, pero nunca oira iso. Aí lle van, duas macetiñas de ruda. Sonlle catro euros.

— vale, adeus.

Agora, xa todas as olladas dos clientes, que seguiron coma estiletes a miña traxectória cara á rua, dínme: que tipo tan raro!.

     Envíache unha aperta

     o teu curmao.

2010/10/08 Posted by | epistolário | 3 comentários

fotos_341 lodos vermellos

A BALSA DE LODOS VERMELLOS DE ALCOA EN SAN CIBRAO

©xosé marra

2010/10/07 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_340 os pasos

Lugo, 5 outubro 2010          ©xosé marra

2010/10/05 Posted by | fotografia | 1 Comentário

fotos_339 comeza o san froilán

VIVA O SAN FROILÁN, E QUE NON CHOVA…

Lugo, 4 outubro 2010        (montaxe 2 imaxes)        ©xosé marra

Continuar a ler

2010/10/05 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_338 o rio mera

NON TOQUEN O RIO MERA

Lugo, 10 setembro 2010          ©xosé marra

Saltou a frase sobre o rio Mera. Tocoulle.

POÑER EN VALOR

Cada vez que a pronúncian, é para poñerse a tremer: pasarelas, desbroces, camiños de grava…

Cunha inversión de 1,2 millós de euros. O perigo é directamente proporcional á cantidade investida.

A millor intervención sobre a Natureza é non tocala, coidala.

O único que necesita é non agredila. Respectala, e deixar que fluctue ao seu ritmo. En siléncio.

HAI ANTECEDENTES

Continuar a ler

2010/10/03 Posted by | fotografia, notícias | Deixe um comentário