un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_093

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Benquerida Eugénia:

Onte entrei no blog dunha amiga. E levei unha agradábel sorpresa. Dedicaba o seu último post a falar do meu blog. A loar as nosas misivas, as tuas e mais as miñas. Confesaba estar enganchada via móbil. Que cada vez que eu colgo algo aquí –foto ou escrito— a ela chégalle un aviso ao seu móbil. Conexións.

E o máis fermoso: que lé nos momentos de calma o que ti e mais eu escribimos. E que lle senta coma se fosen pílulas. Para o corazón.

Agora, eu busco o xeito de colgar decontino moitas entradas de diferentes cores para que cada unha delas, ao chegaren ao seu móbil, poidan soar coma notas diferentes e o seu telefone emita todo o dia a melodia  do asubio dun merlo na tarde. Para o corazón.

Ghalpon Ghalpon Ghalpon Ghalpon Ghalpon Ghalpon Ghalpon Ghalpon Ghalpon Ghalpon Ghalpon Ghalpon Ghalpon Ghalpon Ghalpon Ghalpon Ghalpon Ghalpon

 

     Recibe unha aperta do teu curmao.

Anúncios

2010/11/07 - Posted by | epistolário

1 Comentário »

  1. Estas cores quedan ancoradas ao meu corazón. Moitas grazas.

    Comentar por alexghalpon | 2010/11/12


Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: