un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_095

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Benquerida curmá:

Esta mañá fun facer unha radiografia. Mentres agardaba na sala de espera, ollei á xente que tamén agardaba. Xusto en fronte miña habia unha nena. Unha nena triste, cun brazo escaiolado, e coa sua mai triste. A mai estaba triste porque estaba preocupada. Trataba de sorrir, pero só sorria por fóra, e iso non vale. Por dentro estaba triste. Eu seino moi ben porque cando era un neno  fun moitas veces facer unha radiografia. E os sorrisos eran por fóra. E os nenos vemos por dentro, como as radiografias.

A nena estaba triste. Imaxinei entón que eu poñia un nariz vermello de pallaso, erguiame e comezaba a brincar pola sala e a facer pallasadas. Pero ollei á nena, e estaba triste. Porque só eu imaxinara que puxera un nariz vermello de pallaso.

Pero a miña mau dereita comezou a moverse coma un monicreque do guiñol. Ollou para a nena, ollou para min, e dixo:

— Ola, e vós que vides facer aquí?

— Unha radiografia, dixen eu.

— Unha radioqué?

A nena abriu moito os ollos.

— Radiografia. É como facer unha foto por dentro.

— Unha foto por dentro?  E vas ter que comer unha cámara de fotos?

— Non, é unha cámara moi grande que che fai unha foto por fóra pero vé o que hai dentro.

— Iso non existe, vanche facer tragar unha cámara, vas ver, jajaja. Vas tragar unha cámara, jajaja.

A nena estaba a rir desde dentro, como só rin os nenos.

A miña mau ollou para a nena, ollou para min, e díxo baixiño:

— Oes, esa nena ten unha mau de zucre.

— Non, ou, éche unha escaiola. Romperia un óso, e escaiolárona para que solde ben.

–Non, que é branca, é zucre.

A nena estaba a escachar coa risa cando a chamaron para facer a radiografia.

Ollei á xente que agardaba, e agora todos sorrian por dentro.

 

     Mándoche unha aperta. O teu curmao.

Anúncios

2010/11/26 - Posted by | epistolário

Ainda sem comentários.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: