un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_098

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Querida Eugénia:

Facia unha fermosa mañá, polo que mentres almorzaba decidín sair e dar unha volta antes de me poñer a traballar coma todos os dias.

Sain da casa. Pechei a porta con duas voltas de chave, e comecei a baixar as escaleiras engorde, coma se naquel intre non existise máis nada que os meus pés e as escaleiras. e, poñendo toda a miña atención nese labor, concentreime no movemento de pousar un pé, logo o outro, logo un pé, logo o outro… Percuraba atopar unha relación coas demáis cousas da vida.

Cando cheguei ao portal, atopeime cunha rapaza de ollos grandes e mouros e un sorriso enorme e brillante como a mañá. Tíñaa visto moitas veces, pero hoxe pareceume especialmente fermosa, moito máis bonita que ningún outro dia. E logo de pensar que tiñan algo semellante aqueles beizos fermosos e o rítmico baixar as escaleiras cara á rua, seguin a miña andaina e encamiñeime ao parque. Árbores acaneadas polo vento, arrecendo de flores, reflexos e parrulos no estanque, chios de paxaros, calma e silencio. Enchin o peito de aire coma se levase anos sen respirar.

Din mil voltas, acouguei outras tantas veces nun banco, nunha pedra, nunha sombra. Escoitei os berros dos nenos cos seus xogos, as nostálxias dos vellos, os arrolos das pombas e dos namorados, e o meu própio siléncio.

Acordoume de súpeto que tiña traballos pendentes. Collín o camiño de volta. Xa sen fixarme nos meus pasos. Cando cheguei á porta, entrei e subín as escaleiras. Nen me decatei da moza que cruzou de novo o meu camiño –bos dias–

Cando entrei na casa, estaba eu a almorzar e pensei que facia unha fermosa mañá e que poderia dar unha volta antes de me poñer a traballar coma todos os dias.

     Unha forte aperta do teu curmao.

Anúncios

2010/12/17 - Posted by | epistolário

Ainda sem comentários.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: