un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_102

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Benquerida Eugénia:

Hai uns dias, vin unha cigoña branca na Terra Chá. En xaneiro. Estaba subida no cimo dunha árbore, na plataforma dun niño de cigoñas. No médio do campo anegado polas chúvias.

Antano non se vian estas zancudas no inverno antes do san Brais. Din que agora xa non emigran a África. Moita xente pensa que é por mor do cámbio climático, do quecemento global.

Pero eu penso que non deixaron de emigrar. Que o cámbio non foi ese. Agora veñen pasar a fin de semana. O cámbio foron os adiantos nas comunicaciós. Con tantas autoestradas, autovias, rotondas e AVEs, póñense na Terra Chá nun tris. Desde África.

Se vas pola ruta dos móbeis, entre Sárria e Lugo, ouservarás que nas beiras da vella estrada LU- 546 teñen ringleiras de niños-adosados. Para a fin de semana e para a tempada de primavera-verao. Desde África.

     Unha calorosa aperta do teu curmao.

Anúncios

2011/01/18 - Posted by | epistolário

Ainda sem comentários.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: