un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

obsceno

Sentin vergoña cando vin esta galeria de fotos sobre os prémios Pullitzer:  Logo de ollar fotos moi duras, que case che fan apartar a ollada, e mancan o corazón, aparecen eses energúmenos abrindo botellas de champán para celebralo. Paréceme como mínimo obsceno.

http://www.xornal.com/album/2011/04/19/foto/2011041920105700120.html/1#imaxe

Eu convocaria o concurso fotográfico da riqueza e a usura, denunciando a ostentación e polo tanto a explotación. Porque mentres haxa unha soa persoa que pasa necesidades no mundo, é un delicto ser rico

Anúncios

2011/04/30 Posted by | fotografia, notícias | Deixe um comentário

epistolário de eugénia nogueira riomol_108

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Mi querido primo:

Escribo palabras en el mar, pero se borran a cada ola.

Te amo.  No contra nadie ni contra nada, ni contra mí ni contra el cielo.

Pero cuando tu corazón se expande, me atrapan las lianas del tormento que devora mis entrañas.

Aparecen entonces de nuevo las palabras que se tragó el mar  y envenenan mis horas.

     Un abrazo de Eugenia.

2011/04/29 Posted by | epistolário | Deixe um comentário

fotos_401 os pasos

Portomarin, 24 abril 2011          ©xosé marra

2011/04/28 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

epistolário de eugénia nogueira riomol_107

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Benquerida Eugénia:

Quero ir ao rio. Mesturarme coas flores e os saltós.  Escoitar o ouriolo nos ameneiros.  Sentir o sol na pel. Ollar os zapateiros a facer ondas na auga, e ver subir as troitas á superfície.  O berro da garza e o voo das bolboretas.

Quero ir ao rio e abstraerme no son da auga, na quietude da presa escura e misteriosa. Os choupos altos, os bímbios dourados, o merlo de auga, o martiño peixeiro.  As rulas no calor da tarde.  A pita da auga, o sabugueiro.

     Unha forte e fresca aperta do teu curmao.

2011/04/27 Posted by | epistolário | 4 comentários

fotos_400 vinte e cinco de abril…

…SEMPRE !

Lisboa, xuño 1984          ©xosé marra

2011/04/25 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_399 semana mollada

Lugo, 22 abril 2011          ©xosé marra

2011/04/22 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_398 o recreo

Riotorto, 2 marzo 2011          ©xosé marra

2011/04/19 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_397 14 de abril

Psiquiátrico de Castro, 27 setembro 2007          ©xosé marra

2011/04/14 Posted by | fotografia | 1 Comentário

fotos_396 neve

Lugo, 7 xaneiro 2010          ©xosé marra

2011/04/11 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_395 pesca e piraguas

Lugo, 8 abril 2011          ©xosé marra

2011/04/10 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_394 vaca e chalé

Lugo, 8 abril 2011          ©xosé marra

2011/04/09 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

epistolário de eugénia nogueira riomol_106

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Benquerida Eugénia:

Teño frases gardadas. Frases coma fotos.

Ás veces, cando falo con alguén, ou alguén fala comigo, no médio da conversa hai un flash que conxela unha frase. Nese momento, por non sei que motivo, esa frase impresióname e destaca do resto. E fica para sempre na miña memória. Coa forza dunha foto.

Teño frases de diferentes tempos da miña vida. Gravadas. E de igoal maneira que me ocorre coas fotos, coma se levasen un arquivo adxunto, lembro todas as circunstáncias daquel momento. E ás veces, cando remezo por aí dentro, ou cando algo fai saltar o resorte, voltan á cabeza, frescas coma un ollomol recén pescado. 

     Unha aperta do teu curmao.

2011/04/08 Posted by | epistolário | Deixe um comentário

fotos_393 ao ceo

Nadela, 25 marzo 2011          ©xosé marra

2011/04/03 Posted by | fotografia | 1 Comentário

epistolário de eugénia nogueira riomol_105

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Mi querido primo:

Se encendieron las flores y la higuera abrió sus hojas. El aire cálido del Sur trajo vida a esta primavera.

Desnudé mi cuerpo al sol, y sentí la caricia del viento tibio. Suave como una mariposa blanca.

Trabajan las hormigas. Las nubes pasan. Es inminente la lluvia.

     Un fuerte brazo de Eugenia.

2011/04/02 Posted by | epistolário | Deixe um comentário

fotos_392 eurovisión con patacas

Lugo, 25 marzo 2011          ©xosé marra

2011/04/02 Posted by | fotografia | Deixe um comentário