un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_107

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Benquerida Eugénia:

Quero ir ao rio. Mesturarme coas flores e os saltós.  Escoitar o ouriolo nos ameneiros.  Sentir o sol na pel. Ollar os zapateiros a facer ondas na auga, e ver subir as troitas á superfície.  O berro da garza e o voo das bolboretas.

Quero ir ao rio e abstraerme no son da auga, na quietude da presa escura e misteriosa. Os choupos altos, os bímbios dourados, o merlo de auga, o martiño peixeiro.  As rulas no calor da tarde.  A pita da auga, o sabugueiro.

     Unha forte e fresca aperta do teu curmao.

Anúncios

2011/04/27 - Posted by | epistolário

4 comentários »

  1. eu xa me vexo nalgúns dos rios pequenos que coñezo, a auga transparente ensinando o limo e as pedras do fondo. Con ese cheiro a frescura. Con esa invitación silente.

    Comentar por zeltia | 2011/04/27

  2. Eu tamén quero, podo ir contigo?

    Comentar por Alex Ghalpon | 2011/04/27

  3. Bueno, se a compaña é boa coma neste caso, podo facer unha excepción. Gosto de ficar na beira do rio, sen falar, sen pensar en nada e apamparme…

    Comentar por untalmarra | 2011/04/28

  4. Vale, hei pasar por alí, se cadra cada un nunha ribeira diferente, mirarémonos ó lonxe e riremos cos cabaliños do demo.

    Comentar por Alex Ghalpon | 2011/04/29


Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: