un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

fotos_410 fúrbo

Lugo, 29 maio 2011          ©xosé marra

2011/05/29 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

epistolário de eugénia nogueira riomol_109

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Benquerida curmá:

Coma unha carta urxente e apurada pola cegueira do Povo.

Neruda poderia escribir los versos más tristes esta noche.

Coma sempre, una grande y libre. Os mallados lamben co voto a urna do seu mallador. Repártese a vaselina para ir dilatando.

 A cada vez máis escravos voluntários.

Ainda que na rua agroma talvez unha revolución que, para ir con estes tempos, semella baixa en calorias, sen cafeina, sen gordura, sen azúcares, menos aceda, máis cremosa, e sen barricadas.

Indignádevos, si. Pero rebeládevos. Cadaquén segundo as suas posibilidades.

Como di Libertad, da Mafalda do Quino:  Que non? Ha!  Unha pulga non pode picar a unha locomotora, pero pode encher de ronchas ao maquinista!

     Unha aperta ainda esperanzada e triste do teu curmao.

2011/05/23 Posted by | epistolário | Deixe um comentário

fotos_409 una grande y libre

ELECCIÓS MUNICIPAIS 2011

así estamos

©xosé marra  / 2011

2011/05/22 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_408 dia das letras

Lugo, 17 maio 2011          ©xosé marra

2011/05/18 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_407 indignados

Lugo, 15 maio 2011          ©xosé marra

Continuar a ler

2011/05/16 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_406 non sei como titulala

Lugo, 13 maio 2011          ©xosé marra

2011/05/13 Posted by | fotografia | 1 Comentário

fotos_405 políticos en celo

POLÍTICOS EN CELO electoral

Non é coma noutras espécies animais. A cousa non lles vén de golpe, váiselles notando xa un tempo antes. Vai indo a máis, a máis, e logo teñen un periodo de celo agudo. Nese tempo sorrín, saudan a todo o mundo, fanse cordiais até o empacho. Sorrisos, saudos, apretós de maus, promesas, ofertas, verborrea. Sacan peito e desplegan a plumaxe. E aumentan a competitividade e agresividade entre eles.

Afortunadamente, ao cabo de quince dias da fase aguda, pásalles todo. Deixan de saudar, non recoñecen a ninguén, ignórante e mesmo te desprécian. Até que se achegue o próximo periodo de celo electoral.

©xosé marra / 2011

(ver GALERIA)

2011/05/10 Posted by | fotografia | 2 comentários

fotos_405 química

Lugo, 5 maio 2011           ©xosé marra

2011/05/09 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_404 vencellos

CO MES DE MAIO, CHEGARON OS VENCELLOS A LUGO

Este meteuse na casa, hai un par de anos, por un erro de cálculo. Pero tivo sorte e axiña estaba de novo sulcando o ceo.

Terán a mesma sorte os que aniñan na muralla romana, que hoxe comezan a limpar de herbas (supoño que con herbicidas…)?

SE CHE PREOCUPA, FIRMA

Lugo, 29 maio 2009          ©xosé marra

2011/05/09 Posted by | fotografia, notícias | 1 Comentário

fotos_403 noivos

Lugo, 3 novembro 2010          ©xosé marra

2011/05/07 Posted by | fotografia | 1 Comentário

fotos_402 o alcalde

PARA QUEN É A CADEIRA?

Antón Bao (BNG), Jaime Castiñeira (PP), José L. Orozco (PSOE)

Lugo, 5 maio 2011          ©xosé marra

2011/05/06 Posted by | fotografia | Deixe um comentário