un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_111

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Benquerida Eugénia:

As nubes baixas ou a néboa alta fan a cidade gris. Paseo ao pé da muralla. Non hai xente nas ruas.

Transitan os autobuses urbanos. Ramil, O Ceao, Albeiros, Abella,…Fóra de servizo. Intrígame este último. Cara onde irá? Sinto o desexo de subirme nel.

Talvez é que o condutor está no seu dia de descanso hoxe, e dedica as horas libres a dar voltas á muralla co bus baleiro. Ou quizais leva xubilados ou despedidos nun ere. Ou pode que a LUZ estea fóra de servizo.

Se mudasen o cartel dese bus por outro que dixera Rua da alegria, ou algo así, é posíbel que hoxe lucira un fermoso sol de xullo, e a cidade se enchera de cores e de xente e de sonrisos.

As paredes invítanme a vender ouro. Os manequis da vitrina do Centro Tejano forzan a postura cando eu paso. O Sol segue fóra de servizo. Recóllome na casa.

     Unha aperta do teu curmao.

Anúncios

2011/07/30 - Posted by | epistolário

Ainda sem comentários.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: