fotos_429 ollo ao ceo !
VAI CAER UN SATÉLITE
“El satélite ‘UARS’ caerá mañana por la tarde
La NASA excluye el territorio de EE UU en la reentrada
del artefacto espacial incontrolado en la atmósfera terrestre“
©xosé marra / 2010
epistolário de eugénia nogueira riomol_113
Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.
————————————————————————————————
Mi querido primo:
Cuando suenan esas melodías lentas, hoy como todas las tardes de domingo que acudimos a la discoteca del pueblo, te propongo bailar. Y salimos a la pista. Es la hora del baile agarrado.
Te miro a los ojos lentamente, como hago todos los domingos. Pero hoy también tú me miras lenta y largamente. Samba pa ti.
Y ahora nuestros labios están juntos. Demorándose en el contacto húmedo y blando. Cálido.
Pasan los minutos, los siglos. Permanecemos en ese beso largo abrazados casi quietos, danzando con un movimiento apenas perceptible, como si fuésemos un solo ser.
Me adviertes de que ya todos saltan y se mueven rápido menos nosotros, pues hace tiempo que cambiaron la música, y toca baile suelto.
Pero no es así. Son los demás los que no se mueven. Ellos hacen lo mismo que todos los domingos. Sólo nosotros nos movemos, estamos aquí aparentemente inmóviles descubriéndonos. Mujer de magia negra.
Un abrazo de tu prima Eugenia.
epistolário de eugénia nogueira riomol_112
Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.
————————————————————————————————
Benquerida Eugénia:
Mentras o mundo parecia moverse a cámara lenta nas escaleiras mecánicas e eu daba boa conta dun filete con arroz, a ilusión dun pequeno desfacíase nuns segundos.
Un globo coa figura de Mickey Mouse escapou das maus dun neno e subiu ata que deu co seu nariz no teito blanco da área comercial. E alí ficou.
Eu teño visto esa escea moitas veces na rua. Unha xirafa voando por riba da casa do concello. Para un neno ten que ser unha desgrácia. Pero cando escapa fóra, vémolo subir e subir e subir. Perdémolo de vista. Desaparece.
E sempre lle podes dicir que foi ao ceo, que pola noite haberá unha estreliña máis, que é o seu globo. E mirarémola xuntos, e será verdade, pois hoxe hai unha estrela máis, que nunca viramos.
Pero este parou no odioso teito comercial, está aí, encaixado, entre a parede e o teito, inmóbil e inaccesíbel. Prisioneiro.
Nunca gostei destes mamotretos nos que non se respira aire, e que che marcan o ritmo do consumo, ainda que ás veces son pouco consecuente e fago uso deles. Pero hoxe non podo menos que botar pestes das grandes áreas comerciais cun motivo máis, que me chegou ao fondo da alma.
Unha aperta do teu curmao
fotos_425 planta invasora
O FENTO ACUÁTICO Azolla filiculoides INVADE OS RIOS MIÑO E MERA
Lugo, 6 setembro 2011 ©xosé marra