un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_112

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Benquerida Eugénia:

Mentras o mundo parecia moverse a cámara lenta nas escaleiras mecánicas  e eu daba boa conta dun filete con arroz, a ilusión dun pequeno desfacíase nuns segundos.

Un globo coa figura de Mickey Mouse escapou das maus dun neno e subiu ata que deu co seu nariz no teito blanco da área comercial. E alí ficou.

Eu teño visto esa escea moitas veces na rua. Unha xirafa voando por riba da casa do concello. Para un neno ten que ser unha desgrácia. Pero cando escapa fóra, vémolo subir e subir e subir. Perdémolo de vista. Desaparece.

E sempre lle podes dicir que foi ao ceo, que pola noite haberá unha estreliña máis, que é o seu globo. E mirarémola xuntos, e será verdade, pois hoxe hai unha estrela máis, que nunca viramos.

Pero este parou no odioso teito comercial, está aí, encaixado, entre a parede e o teito, inmóbil e inaccesíbel. Prisioneiro.

Nunca gostei destes mamotretos nos que non se respira aire, e que che marcan o ritmo do consumo, ainda que ás veces son pouco consecuente e fago uso deles. Pero hoxe non podo menos que botar pestes das grandes áreas comerciais cun motivo máis, que me chegou ao fondo da alma.

     Unha aperta do teu curmao

Anúncios

2011/09/18 - Posted by | epistolário

Ainda sem comentários.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: