un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

fotos_451 o incéndio

Lugo, 29 decembro 2011          ©xosé marra

2011/12/30 Posted by | fotografia | 2 comentários

epistolário de eugénia nogueira riomol_116

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Benquerida curmá:

A illa. Pedras negras, area negra. Sol. Pasa o mar pola xanela do barco. Brillos. Camiño pola beira mentres o mar fai soar os cantos rodados. Falan alemán. Sorrin. Dor nas costas. De novo Newton. Pésame todo. Deixo de fotografar para non cargar coa cámara. Cúrame o sol. E máis a árnica. Cherne, sama, peto, peixes á grella. Sen sinal no móbil. Só nun punto. Punto de reunión. Xente de pé, sentada, no interior do auto. O lugar das chamadas perdidas, das mensaxes abandonadas. Todas alí, concentradas. Só alí.

Na praia sempre estamos os mesmos. Nos curros de pedras para nos protexer do vento. O recuncho semella un castro, coas suas construciós circulares. O rapaz do pucho negro estilo anos vinte, que toca no grupo de ska, xunto co trompetista que só ten dous dedos. E a rapaza loira de pel branquiña e corpo redondo, que espida me sorri e mira a miña nudez e faime fermoso. E o tipo ese teso que trae a computadora portátil á praia e anda a buscar o sinal polas penas. Non trouxo o seu cortixo pois non lle collia no avión. Porque ter ten aspecto de señorito andaluz. E a sua compañeira ou esposa, que lima as unllas, óllase todo o tempo nun espelliño, faise seis ou sete peiteados diferentes, e pon cara de estar amolada. Bronceada ao milímetro, ventre plano, peito perfecto e curvas trazadas en corporación dermoescéptica. E o home loiro e forte que baixo dun grande parasol prepara café con leite, e cunha bandexa vaillo vendendo aos seus compatriotas tedescos mentras asubia e canturrea. E o vento das cinco e média, que nos fai vestir a todos. Mar efervescente e fermoso. Perigoso. Ondea a bandeira vermella. A da revolución da auga salgada e do vento e do sol. A liberdade dos corpos. Dos soños.

     Unha forte aperta do teu curmao.

2011/12/29 Posted by | epistolário | 3 comentários

fotos_450 quino

Lugo, 25 decembro 2011         ©xosé marra

2011/12/26 Posted by | fotografia | 3 comentários

fotos_449

La Gomera, 14 decembro 2011          ©xosé marra

2011/12/22 Posted by | fotografia | 3 comentários