un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

fotos_487 crocus

ALBÍSCASE A PRIMAVERA

©xosé marra

Anúncios

2012/03/01 - Posted by | fotografia

9 comentários »

  1. a foto parece un azafrán silvestre. (pensaba que só florecían en outono…)

    Comentar por Zeltia | 2012/03/01

  2. Que cousa máis bonitísima, o azafrán das meigas ou quitamerendas ou tollemerendas (se imos ser “vulgares” na nomenclatura). Ou será que son uns crocos cultivados que ten o noso Marra no seu xardín urbano? Bicos de sol, querido Marra.

    Comentar por alexghalpon | 2012/03/01

  3. ben o puxen aí arriba, son crocus, nas macetas da terraza…pero xa alegran a vista. Bicos de sol, pero que chova!

    Comentar por untalmarra | 2012/03/01

  4. Non, se eu o de crocus xa o vira, xa me parecía a min que eran cousas do noso xardiñeiro Marra ;-). E acabo de ver que o noso azafrán das meigas non é crocus, como si o é o azafrán de cociñar (Crocus sativus), senón que se chama en fino Colchicum autumnale. Por aquí esta tarde tronou e choveu ben, e cada trono espertaba un sorriso, pois boa falla facía a auga. Bicos mollados 😉

    Comentar por alexghalpon | 2012/03/01

  5. Pois bota para aquí unha pouca, que só caeron unhas pingas.
    Como non chova, non sei con que van facer o viño este ano…

    Comentar por untalmarra | 2012/03/01

  6. Carai, o que che son 10 quilómetros de distancia! E iso que estamos no mesmo concello… pero o que é tirar contra Castroverde, e subir unhas poucas costiñas, algo máis de altitude e de monte. O do viño hache ser un bo problema se seguen así as cousas, menos mal que polo de agora tedes o deste ano (digo tedes porque como eu non podo beber diso esta temporada…)

    Comentar por alexghalpon | 2012/03/01

  7. pois eu non consigo distinguir o crocus do colchicum ese, o azafrán silvestre…
    e tampouco sabía que se cultivaban os bulbos…
    se eu tivera un namorado, que non o teño, o regalo que máis me gustaría, sería que prantara uns bulbos deses na eira, sin eu sabelo, e un día erguerme á mañá e que estiveran agromando toooodos… (bueno, que pasa?, os meus soños son pequenos e a ras de chan)

    Comentar por Zeltia | 2012/03/03

  8. ai, quen soubera da eira esa…..

    Comentar por untalmarra | 2012/03/04

  9. a pobre eiriña, é máis ben un remedo de eira… pequena, algo pelada, con habitantes só uns días no verán… pero hai xa case dous anos que eu lle vou dar vida sempre que podo, moitas findes. Pantei camelias, unha cerdeiriña, e outras prantiñas que comeu a xeada… 😦

    Comentar por Zeltia | 2012/03/05


Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: