un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_118

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Benquerida Eugénia:

Hoxe esquecerano de novo. Xa non lles preocupará, non che recoñecerán o  dereito a traballar se queres ou se o necesitas.  Xa non o defenderán con unllas, dentes e policia coma onte. É máis, diranche que non tés dereitos, e roubaranche os poucos que conservas. Os “defensores” do dereito ao traballo e das liberdades fundamentais  durante un dia,  farante escravo o resto do ano.  Até a seguinte folga, que serán de novo os teus cans de garda.

     Recibe unha aperta do teu curmao.

Anúncios

2012/03/30 - Posted by | epistolário

2 comentários »

  1. canto desencanto…

    Comentar por zeltia | 2012/03/31

  2. non é desencanto.
    é denuncia dos hipócritas.
    sempre ocurre: cando se exerce un dereito fundamental como é o dereito á folga, eles defenden a ultranza o dereito a traballar ese dia.
    pero axiña esquecen o dereito ao traballo o resto do ano.

    Comentar por untalmarra | 2012/03/31


Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: