un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_121

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Benquerida Eugénia:

Hoxe comeza o mundo. Esta mañá chamoume un amigo, e emocionado díxome: Xa foi. Ás sete da mañá. Pesa case catro quilos. Foi fermoso, emocionámonos todos. Aseméllase a min, pero sen a barba.

Helena convocou a enerxia de todos os astros, e fixo un círculo de ilusión ao seu redor.

Unha explosión de luz, un big bang. A orixe. Todo comeza de novo, unha vida nova. Todo por aprender. Nada sabido. Un cosmos inexplorado. Cada paso, unha enormidade. Benvida Helena. Moita luz para ela.

     Unha aperta do teu curmao.

Anúncios

2012/08/08 - Posted by | epistolário

1 Comentário »

  1. parabéns! non sei a quen hai que darlla, pero a tí tamén, sen dúbida.
    🙂

    Comentar por zeltia | 2012/08/17


Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: