un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

fotos_598 lua chea

para V.

Lugo, 29 outubro 2012          ©xosé marra

2012/10/30 Posted by | fotografia, nubes | Deixe um comentário

fotos_597 messi

Lugo, 7 outubro 2012          ©xosé marra

2012/10/29 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_596 vázquez

Lugo, 13 outubro 2012          ©xosé marra

2012/10/28 Posted by | fotografia | 1 Comentário

fotos_595 para facer un banco…

Lugo, 14 outubro 2012          ©xosé marra

2012/10/27 Posted by | fotografia | 1 Comentário

epistolário de eugénia nogueira riomol_122

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Benquerida Eugénia:

Hoxe estou preocupado. De aspecto sinistro, eles son coma un barómetro emocional. Van de dous en dous, emparellados. Sempre son homes, nunca mulleres. Coa sua camisa branca e a sua garabata, portan unha carpeta na mau.

Hoxe estou preocupado. Debo andar baixo. Non sei, o outono talvez, ou a chúvia, ou a falta de luz e calor do sol. Ou sabermos que camiñamos cara ao inverno. Non sei, pero debo andar baixo. E eles nótano. Non lle entran a calqueira.

Porque, noutras ocasiós, nin se fixan en min, pero hoxe cando os crucei pola rua, xiraron o seu rostro de robots cara a min, e emitiron unhas palabras hola, señor como está un momento…  Eu dixen contundente, sen ollalos e seguindo o meu camiño, moi ben,  moi ben, e crucei  os dedos.

Estou seguro de que cheiran os estados de ánimo, coma os buitres a carroña.

E lembrei o dia no que un amigo, vello sindicalista dos de antes curtido en mil batallas, foi abordado por unha parella destes apóstoles do imperio hola señor como está un momento… el deixounos falar mentras os ouservaba de enriba abaixo, e cando remataron dixo todo o que pensaba, de xeito educado e organizado, pura dialéctica racional, até que desafogou totalmente. Creo que non tiveron forzas para chamar ao 061, pero comprialles unha uci móbil. Deixounos descolocados. E seguiu o seu camiño coas enerxias renovadas.

     Recibe unha forte aperta do teu curmao.

2012/10/25 Posted by | epistolário | 1 Comentário

fotos_594 pais gris

VOLTAN AS NÉBOAS

Lugo, 21 outubro 2012          ©xosé marra

2012/10/24 Posted by | fotografia | 2 comentários

fotos_593 reciclaxe papel e cartón

“Os franceses fan folga os luns porque sube o pan; os martes maniféstanse porque ganan pouco; os mércores protestan pola falta de liberdades… E o domingo votan á dereita”. (François Mitterrand)

[cita collida do blog Si home si]

O Páramo, 21 outubro 2012          ©xosé marra

2012/10/22 Posted by | fotografia | 2 comentários

fotos_592 elecciós galicia

A DÚBIDA

O Páramo, 21 outubro 2012          ©xosé marra

2012/10/21 Posted by | fotografia | 5 comentários

fotos_591 carreteo

O Páramo, 21 outubro 2012          ©xosé marra

2012/10/21 Posted by | fotografia | 2 comentários

fotos_590 outonos

Lugo, 14 outubro 2012          ©xosé marra

Continuar a ler

2012/10/20 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_589 chapapote

O DESASTRE ECOLÓXICO DO PETROLEIRO “PRESTIGE”

Muxia, 7 decembro 2002          ©xosé marra

2012/10/15 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_588 orquesta

A VACA “LUCERA” DESFILA NO SAN FROILÁN

 

Lugo, 4 outubro 2012          ©xosé marra

2012/10/14 Posted by | fotografia | 1 Comentário

fotos_587 o outro san froilán

REMATAN AS FESTAS DE SAN FROILÁN EN LUGO

Lugo, 12 outubro 2012          ©xosé marra

2012/10/13 Posted by | fotografia | 4 comentários

fotos_586 a farola nº78

Lugo, 7 outubro 2012          ©xosé marra

2012/10/11 Posted by | fotografia | 1 Comentário

fotos_585 lentes de contacto

LENTAS DE CONTACTO*

 Lugo, 4 outubro 2012          ©xosé marra

(*título suxerido por Beato Darzádegos)

2012/10/10 Posted by | fotografia | 3 comentários