un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_134

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Querida Eugénia:

Onte, logo dunha viaxe desenfrenada e dun fermoso paseo, vimos dous grandes camións pintados de cores brillantes, entrando pola noite na cidade. Parecían envoltos en papel de regalo, decorado con persoaxes dos contos e dos dibuxos animados. Facíanme imaxinar que o seu interior estaba cheo de soños e ilusións. Fantasías de nen@s, risas e sons alegres.

Máis tarde, xa na casa, cando me fun á cama, pechei os ollos e vin como se abrían os camións e deles saía un tempo de festa e carruseis, músicas e circo, malabares e bailes, castañas e nubes de azucre.

Agora sei xa de onde saen as festas. Saen deses camións que circulan nos soños, e viaxan das aldeas ás cidades cargadiños de pintura luminosa de cores para vestir de sorrisos durante uns días as rúas, as prazas e os camiños.

     Unha forte aperta para ti.

     O teu curmao.

Anúncios

2015/09/26 Posted by | epistolário | Deixe um comentário

fotos_860 unidade

NON É TAN DIFÍCIL

©XOSÉ MARRA

2015/09/23 Posted by | fotografia, fotos con texto | Deixe um comentário

fotos_859 olor

©XOSÉ MARRA

2015/09/22 Posted by | fotografia, fotos con texto | 1 Comentário

epistolário de eugénia nogueira riomol_133

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Miña querida Eugénia:

Na órbita, no teu campo gravitatorio. Ese impulso de abrazarte.

Caer a cámara lenta sobre un leito de follas secas de carballo. E celebrar o outono.

Nunca gostei dos domingos de gardar. Dicían na radio: Gozade da tarde do domingo.

…E unha cousa no estómago.

Inspiro. Expiro. Inspiro. Espero. 

     Envíoche un grande abrazo.

     O teu curmao.

2015/09/20 Posted by | epistolário | 1 Comentário

epistolário de eugénia nogueira riomol_132

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Benquerida Eugénia:

A muralla de Lugo ten rodas. Leva unha semana tendo grandes e poderosas rodas de tractor.

O sol amantiño abraza a miña pel coa luz de setembro.

Cheira á erva luisa, e un tabao pousa nunha folla da figueira.

Madurecen as mazarocas do millo no meu horto urbano, co son de fondo dos motores agrícolas.

Na primeira tractorada que eu recordo, no ano 1987, á miña mai dáballe medo pois lembrábase da guerra e dos tanques.

Carros de combate pola xustiza. Tanques de amor á terra.

     Recibe unha forte aperta do teu curmao.

2015/09/09 Posted by | epistolário | 1 Comentário

fotos_858 o sector lácteo

AS LOITAS DO SECTOR LÁCTEO

galeria

 ©XOSÉ MARRA

2015/09/03 Posted by | fotografia | 1 Comentário