un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_134

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Querida Eugénia:

Onte, logo dunha viaxe desenfrenada e dun fermoso paseo, vimos dous grandes camións pintados de cores brillantes, entrando pola noite na cidade. Parecían envoltos en papel de regalo, decorado con persoaxes dos contos e dos dibuxos animados. Facíanme imaxinar que o seu interior estaba cheo de soños e ilusións. Fantasías de nen@s, risas e sons alegres.

Máis tarde, xa na casa, cando me fun á cama, pechei os ollos e vin como se abrían os camións e deles saía un tempo de festa e carruseis, músicas e circo, malabares e bailes, castañas e nubes de azucre.

Agora sei xa de onde saen as festas. Saen deses camións que circulan nos soños, e viaxan das aldeas ás cidades cargadiños de pintura luminosa de cores para vestir de sorrisos durante uns días as rúas, as prazas e os camiños.

     Unha forte aperta para ti.

     O teu curmao.

Anúncios

2015/09/26 - Posted by | epistolário

Ainda sem comentários.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: