un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_142

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.


 

     Benquerida Eugénia:

Coa calor saen de compras.

Veñen mercar víveres  á cociña, grande área comercial, feira comarcal.

Camiñan en ringleiras ordenadas, intercambian datos coas antenas:

–“Háiche un mel moi bo nas beiras dun bote de vidro no segundo andel do armario branco, xunto á cociña. Vai axiña, que ten moita demanda”.

Cando pouso un vaso no mármore da cociña, o eco fainas bulir frenéticas, rompanfilas, comezan a organizar a defensa, pásanse información. Ata que se normaliza a situación e de novo flúen os camiños.

Non sei cantos días durará. Dependerá das isobaras. Cando entre a próxima borrasca, xa estarán nas súas casas, organizando o almacén.

     Unha aperta do teu curmao.

 

Anúncios

2018/04/19 Posted by | epistolário | Deixe um comentário

fotos_966 aínda ten que chover

©XOSÉ MARRA

2018/04/19 Posted by | fotografia | Deixe um comentário