un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_143

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.


    

     Benquerida Eugénia:

Estase a falar, e a condear por ilo a persoas, do delito de odio?

O odio non é un delito. Se acaso sería un dereito. Chungo, pero un dereito.

Hai o delito de soberbia? porque habería moitas persoas encausadas se existira o delito de soberbia.

E o delito da falta de ética? E de estética, o delito do mal gusto?

Axiña nos meterán o delito da luxuria.

Delitos ou pecados? Como era aquilo dos pecados capitais?

E os actos impuros? cantos se cometen desde os poderes?

O código penal vaise asemellando de novo ao catecismo.

     Recibe unha forte aperta do teu curmao.

Anúncios

2018/07/21 Posted by | epistolário | Deixe um comentário