un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

fotos_967 ler

©XOSÉ MARRA

Anúncios

2019/02/07 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

epistolário de eugénia nogueira riomol_145

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.


     Estimada Eugénia:

Disme que dous meses logo pasan. Depende.

Xa sabes o da relatividade do tempo. Coma cando explican o de viaxar a Marte

AMARTE

coa velocidade da luz,

tardar dous anos en voltar, mentras acó na Terra terían pasado centos de anos.

(éche algo que nunca entendín moi ben…)

E asi, dous meses na India poden ser anos acó. Ou mesmo o contrario, pois se aquí-nunca-pasa-nada pode ser coma se saíras por unha porta e, aos dez minutos, volveras entrar. Pero botaches dous meses fóra.

E seguramente para ti, por dentro, eses dous meses foron centos de anos.

AMARTE.

(si, vai ser o mellor)

     Recibe un abrazo do teu curmao.

2019/02/07 Posted by | epistolário | Deixe um comentário