un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_164

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.


__Benquerida Eugénia:

A cesta da plancha era de vimbio, grande e chá, coas beiras baixas.

Poñiámola no chao, entre a porta e a cómoda do cuarto dos meus pais. Ao seu redor, catro zapatos de cadanseu irmao.

Pola mañá, non se vía a cesta. Inzaban os paquetes coma cogumelos de alegría e inquedanza. Cada zapato repousaba sobre un libro dos Hollister ou de Los Cinco. E do seu interior agromaba unha bolsa de caramelos, bombóns, améndoas e piñóns.

Os paquetes, cubertos dun papel de envolver marrón claro, tiñan escrito a bolígrafo o nome do seu destinatario, cunha exquisita caligrafía moi semellante á do meu pai.

Miña mai xa bulía pola casa desde moi cedo. Meu pai aínda estaba deitado. Ei, nenos, aquí non vos hai nada, os reises non viñeron!, mofábase. E aló corría eu, e metíame na súa cama. E mentras, miña mai ía collendo paquetes e cantando os nomes escritos neles.

Nese tempo de irmos rompendo o envoltorio, fervían desexos, temores e anceios no interior das nosas cabeciñas. Os ollos non daban abasto.

E ían aparecendo monecas, trens, coches, cacharros, xogos, estrelas de shériff, cines, patíns… Soños.

__Recibe unha grande aperta, chea de soños, do teu curmao.

Advertisement

2023/01/07 - Posted by | epistolário

Ainda sem comentários.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers gostam disto: