un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

fotos_949 wily

WILY

©XOSÉ MARRA

Anúncios

2017/06/12 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

Wily

BARRA SET 86 ©XOSE MARRA

“Aquel Lanis que amaches non está aquí, Marcos,
nesta tumba onde vés chorar e permaneces.
O Lanis que ti amaches está contigo
na túa casa, cando te recolles a mirar o retrato
que aínda garda o máis valioso del,
que garda o que máis amaches”.
(Kavafis).

2016/06/10 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_833 wily

ANTONIO TABOADA, WILY

©XOSE MARRA

2015/06/13 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_711 wily amigo

 

 

©XOSE MARRA

 

Wily, forza ingobernable

WILY

2014/06/09 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_657 coa alegria do wily

 ANTONIO TABOADA, WILY

©XOSÉ MARRA

Padrón, marzo 1986          ©xosé marra

Continuar a ler

2013/06/10 Posted by | fotografia | 1 Comentário

wily aqui

ANTONIO TABOADA, WILY

Porto, 1984          ©xosé marra

2012/06/10 Posted by | fotografia, o do dia | 2 comentários

antonio taboada, wily desde o corazón

de camiño a Paris, novembro 1987          ©xosé marra

e, na web de LOMARTI

Continuar a ler

2011/06/10 Posted by | fotografia | 1 Comentário

querido wily

Botos (Lalin), sempre.             ©xosé marra

” (…)

— Cando mires ao ceo, polas noites, como eu vivirei e rirei nunha delas, entón será como se risen tódalas estrelas. Terás estrelas que saben rir.

Riu outra vez.

–E cando esteas xa consolado (sempre se acaba consolando un) sentiraste contento de me ter coñecido. Sera-lo meu amigo e terás ganas de rir comigo. Ás veces abrira-la tua fiestra soamente por pracer…E os teus amigos quedarán pasmados de te ver rir ollando o ceo. Entón diraslles: “Si, as estrelas fanme rir sempre”. Eles pensarán que estás tolo. Eu fareiche deste xeito, unha mala xogada.

E riu outra vez. (…) “

(O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry)

————————————-

VER OBRA ESCULTÓRICA:

Continuar a ler

2010/06/08 Posted by | fotografia | 3 comentários

sempre wily

  Elegía  (Miguel Hernández)

blog-wily.001-1

O escultor António Taboada, Wily, co seu violín, en Padrón  ©xosé marra 1986

————————————————–

(texto de Antón Lamazares, tirado da web A SOLAINA, do artista Paco Lareo)

“Wily, Toñito, Baloira…Uns chamanlle Toñito, outros chamanlle Wily, eu sempre lle chamei Baloiras, e que era unha baloira, tan alto, tan guapo, tan espabilado.

Gústaballe moito xogar ao futbol, e canear, regatear, collía o balón e non pasaba o balón, quería regatearnos a todos…

Baloiras era un rapaz formidable, soñador, cariñosisimo. Un rapaz inocente dende o millor sentido da palabra. Un rapaz para quen o mundo era pequeno, de aí, como ben dicía Paío, cando ía a Italia viña falando Italiano, cando ía a Andalucia viña falando andalúz, cando ía ao Xapón, que non foi, falaba Xaponés…e inventaba cousas bonitas, si.

A min paréceme que a memoria de Baloiras vai a ser larga, grande porque a cousa importantes que temos os homes, sexamos pintores, sexamos albaneis, sexamos agricultores, curas ou garda civiles, ou o que sexa é ser personas. E dudo que na nosa zona haxa unha soa persoa que non lle queira a Baloiras.

Todos sabemos que Baloiras era un rapaz especial, claro, porque que o día que Baloiras se poñía fino nin Maradona tiraba os penaltis como el pero outro día poñíase a tocar a guitarra nunha esquina e non lle importaba que lle botasen cinco pesos, pero non era unha aptitude del artística , non era unha aptitude de pobre, era unha aptitude de grande, de espíritu…

El quixo inventar o mundo a súa maneira, que é a cousa máis bonita que lle pode pasar as persoas grandes pero bueno, o mundo corre por onde corre… e aquí estamos.

O amigo Baloiras, o baloiras que eu quero, era un Baloiras cariñoso, respectuoso, incapaz de ofender a ninguén, oservador de todo, soñador de todo…que curiosamente algunha vez que tratei, dende as minhas posibilidades pequenas, de botarlle unha mao no sentido organizativo e sempre botaba a correr. Cando tiña que estar sempre botaba a correr. Cada un debúxase a súa maneira.

A figura de Baloiras é grande e medrará moito…Baloiras era creativo, era soñador e esa unha das facultades máis grande que temos as persoas… durará moito tempo a memoria de Baloiras”

Antón Lamazares

 

2009/06/08 Posted by | fotografia, nubes, o do dia | Deixe um comentário

wily na memória

ANTONIO TABOADA WILY, ESCULTOR

Paris, novembro 1987    ©xosé marra

2008/06/10 Posted by | fotografia, o do dia | 2 comentários

IRMAO WILY AMIGO CAMARADA

 

ESTÁS A DIÁRIO NA MEMÓRIA. 

NO OUTONO FERMOSO DO RIO MERA. 

NESTA DOR NAS COSTAS 

QUE ME ENGAIOLA NAS NOITES. 

NA BELEZA DAS FORMAS 

E NOS SOÑOS DA PRIMAVERA. 

ESTÁS NA AXENDA DO MEU MÓBIL 

COMA AGARDANDO 

UNHA CHAMADA INSÓLITA 

E TOLA 

DESDE UNHA FESTA 

CON CHURRASCO E MOZAS. 

 

—————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————— 

 Amigo Wily  (xuño 2006)  

 
 
 
 

Días tristes nas carballeiras de Botos. Rebentan de frores os sabugueiros, arrecenden as madreselvas, romba o trono no ceo.  

Fóisenos o amigo, o neno grande, o home máxico, o corazón sinceiro. Unha ollada azul de lóstrego famento de formas, unha república independente de cores brillantes e luz sonora, unha carballeira no deserto dos días. 

Nunca eu vira acariñar a madeira cunha ruidosa motoserra con tanta, tanta tenrura. 

Levo as catro letras do teu nome marcadas a lume, que me escocen sobre a pel, en carne viva desgarrada. 

  

E agora, falaremos todos do grande artista, farémoslle homenaxes, diremos o bon e xenial que era. E mesmo recoñeceráno aqueles que até agora o ignoraron. 

  

 

  

 
 
 

wily_0004.jpg 

Wily, na carballeira de Santa Sabela (Outeiro de Rei)           ©xosé marra / 2005 

  

  

 

 

2007/06/08 Posted by | o do dia | 4 comentários