un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_141

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.


 

   Benquerida Eugénia:

“–Linguaxe fotográfica.

 –Linguaxe que…? Dixo o director.

Acababan de fichar á fotógrafa máis eficaz do mundo: a famosa Cedida.

Capitaneados pola nova supercurranta, o equipo de esmarfóns da redacción cubrirían todas as noticias. Estarían sempre no lugar dos feitos. A feito. As fotos sairían perfectas, enfocadas, nídias e de fermosas cores. Nelas veríase todo. Para que a liguaxe fotográfica?

–Oes, compañeiro plumilla, sabes que cada vez que fas unha foto co teu celular e a publicas no diario estás colaborando á extinción d@s fotoxornalistas? Coidabas que non traballabamos porque non queriamos? Si, temos sona de vagos, algo diso hai. Non digo que sexa culpa vosa, pero sen sabelo/querelo, colaborades. Por iso informo.

 

Axiña se publicarán só selfies e imaxes de cámaras subxectivas colocadas nos lentes ou na pucha. 

Noticias coma ‘Morre esmagado por unha árbore que cortaba’ Asina a foto o propio morto. Autoxestión informativa.”

     Unha aperta do teu curmao.

2018/02/19 Posted by | epistolário, fotografia | Deixe um comentário

epistolário de eugénia nogueira riomol_140

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.


 Benquerida Eugénia:

Hoxe soñei.

Non soñei contigo, pero andabas ti por alí.

Eu padecía unha migraña, ou algo semellante, e non me calmaba.

Entón, ti dicíasme que tiñas a solución: cumpría atopar un grilo que emitía un son determinado, de maneira que as súas vibracións anulaban o meu mal.

Só tiñas que dar co grilo axeitado.

E eu non tiña máis que escoitar o seu cri-cri-cri.

     Recibe unha forte aperta do teu curmao.    

 

2018/02/09 Posted by | epistolário | Deixe um comentário

fotos_965 só as pingueiras

©XOSÉ MARRA

2018/02/05 Posted by | fotografia | 1 Comentário

fotos_964 visitas

©XOSÉ MARRA

2018/02/05 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_963 transformacións

©XOSÉ MARRA

2018/02/05 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_962 os sons

©XOSÉ MARRA

2018/02/05 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_961 a luz

©XOSÉ MARRA

2018/02/05 Posted by | fotografia | Deixe um comentário