un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

fotos_972 nós

Dsc_0022

2020/05/07 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_971 peregrinos

_DSF8201

2020/05/07 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

fotos_970 vou apuntando

_DSF1005

2020/05/07 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

epistolário de eugénia nogueira riomol_149

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.


     Benquerida Eugénia:

Despertoume o teléfono. A miña amábel amiga, que nestes días de confinamento é un dos meus contactos co mundo exterior, tráeme víveres. Déixamos na porta do meu zulo. A ela tocoulle estar na fronte da batalla. Xúnguennos moitas cousas, moitos recordos, moitas ausencias.

Chamábame para preguntar que pescada quero, se corazóns ou filetes sen pel. Elixo corazóns. Sempre.

     Recibe unha aperta virtual do teu curmao.

 

2020/05/07 Posted by | epistolário | Deixe um comentário