un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

móllate

2014/07/20 Posted by | fotografia | 1 Comentário

fotos_714 sempre andrés

a viaxe

o camiño universal

a busca

 

©XOSÉ MARRA

©xosé marra / 2011

2014/07/08 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

epistolário de eugénia nogueira riomol_129

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

————————————————————————————————

     Benquerida Eugénia:

Entrou cambaleando, tropezou cun cliente que saía do bar; achegouse á barra e, ollando á camareira, díxolle:

— Seméllase moito a ti.  É tan fermosa, tan salvaxe e sensíbel… Tén o mar nos ollos, e con esta tempestade, sen chaleco salvavidas, eu estou a afogarme… non sei nadar… Pónme un JB… en dous vasos… nun vaso o J, e noutro o B.

Ela abrazouno e comezou a darlle bicos e el tragábaos, engulíaos todos, porque eran bicos para dentro. Tiña a alma tan necesitada, que ningún  bico lle quedaba no corpo.

     Unha aperta do teu curmao.

2014/07/07 Posted by | epistolário | 1 Comentário