un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

fotos_974 as laranxas

2021/05/18 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

epistolário de eugénia nogueira riomol_155

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.


__Querida curmá Eugénia:

Toda a existencia nese momento sabe a laranxas. Todo o cuarto, os libros, as máscaras da parede, os trens da maqueta, as miñas maus, o bolígrafo, este papel.

Nun perfecto equilibrio entre amargo, doce e acedo.

Sempre lle encargo as laranxas por caixas, desde hai xa case 20 anos. Son de cultivo ecolóxico. Ás veces, Jordi sorpréndeme cun agasallo. No interior do último envío, ademáis dos enormes e saborosos cítricos, viña un tarro sen etiqueta, cheo de marmelada caseira de laranxas.

Nos almorzos, logo de preparar o café, coma nunha cerimonia solemne, fago unhas torradas de pan, e saco o aromático tarro da neveira. E gozo.

Adminístroa coma un tesouro prezado e único.

__Recibe unha grande aperta do teu curmao.

2021/05/18 Posted by | epistolário | Deixe um comentário