un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_166

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos. Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira. O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956. E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera. Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio. Puxéronlle de nome Eugénia. Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984. Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores. Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.


Benquerida Eugénia:

Hoxe no congreso aprobouse a supresión do termo “disminuidos”, que figuraba nun apartado da constitución española.
Todos os grupos parlamentarios, menos os que realmente son diminuidos, votaron a favor.
Hai anos, usáronse palabras como subnormal, inútil, deficiente, minusválido…
Cando por idade eu fun chamado á caixa de reclutas, o exército non me quixo, e decidiu incluirme no “cuadro de inutilidades”.
Para min foi coma se me deran unha medalla: dicir que non era apto para aprender a matar. Un dato importante para o meu curriculum.
Algún debeu quedar coa gana de raparme as guedellas…

“Unha árbore co tronco torto non será cortada por ningún leñador, e vivirá a totalidade da súa vida en paz, pola súa inutilidade” (Zhuan Zi)


Unha grande aperta do teu curmao.

2024/01/18 - Posted by | epistolário

Ainda sem comentários.

Deixe um comentário