un tal marra

mentras haxa escrav@s voluntári@s, haberá amos, e portanto, non haberá persoas libres

epistolário de eugénia nogueira riomol_067

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

 —————————————————————————————————

     Mi querido primo:

Ahora toca averiguar dónde está el SUR.

De dónde vienen los sonidos cuando hace calor. De dónde vienen cuando hace frío y sopla el norte.

Buscar la brújula, la rosa de los vientos de tu nueva casa.

Saber que va a llover cuando la planta de laurel se incline hacia la ventana. O que hará sol  cuando oigas los autos que circulan por la avenida.

     Un fuerte abrazo de tu prima Eugenia.

2009/12/31 Posted by | epistolário | 2 comentários

epistolário de eugénia nogueira riomol_066

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

 —————————————————————————————————

     Benquerida Eugénia:

Onte nevou. Pola mañá. Logo, choveu toda a noite.

Comecei a levar cousas á nova casa. Pero ainda moro aquí. Estírase xa un pouco a alma cara á outra, pero só cun tentáculo. Quedan sete. Octopus. Alma de pulpo. Moitas ventosas.

Segunda xornada de transporte. Vanse baleirando os espazos.

Eu, de neno, imaxinaba que abaixo, máis abaixo de nós, moraban uns seres. E cando enchia o lavabo con auga e logo sacaba o tapón, imaxinaba que os de abaixo dician: “xa vén, ai vén a auga, atención….”, e cousas así. Xogaba co maxín.

E, co tempo, descubrin a Julio Cortázar buzo de lavabos.

     Moitos bicos do teu curmao.

2009/12/24 Posted by | epistolário | Deixe um comentário

pensar na vida

.

a terra tremeu

“com o susto ficamos a pensar um bocadinho nas nossas vidas. se calhar é preciso um abalo destes, de vez em quando”

2009/12/18 Posted by | notícias | Deixe um comentário

fotos_246 alonso e palmer

 

ALONSO E PALMER, EN ROLLS ROYCE NA MURALLA 

 Lugo, 13 decembro 2009          ©xosé marra

2009/12/15 Posted by | fotografia | Deixe um comentário

epistolário de eugénia nogueira riomol_065

Hai xa máis dun século, unha antepasada da miña mai, Teolinda Riomol, emigrou alén dos mares desde Vilanova, coma moitos galegos.  Pola sua banda, fixo o mesmo desde Paderne un tio do meu avó paterno chamado Xosé Nogueira.  O destino quixo que se coñeceran na hoxe República da Calária, unha antiga colónia española que acadou a sua independéncia o dia 4 de setembro de 1956.  E aló casaron, na fermosa illa de La Lomera.  Tiveron 13 fillos, todos homes menos unha muller, a número 7, a do médio.  Puxéronlle de nome Eugénia.  Por unha casualidade, eu souben da existéncia de Eugénia Nogueira Riomol pola internet, co lume do San Xoán do ano 1984.  Desde aquela, mantemos unha fluida correspondéncia pola via tradicional: con selos e mataselos de fermosas ilustraciós de aves e bolboretas, de libeliñas e orquídeas de exuberantes cores.  Estas son as suas estrañas e cercanas misivas, sen orde cronolóxica e no idioma orixinal, con algunha resposta miña.

 —————————————————————————————————

     Benquerida curmá:

Pôe-te em guarda. Hai ás veces xente que quere subtitular as nosas vidas. E a tradución é tendenciosa.

Hoxe está un dia escuro de chúvia que fai que me meta nun recunchiño, aló no fondo. As formas do vento vense nas árbores.

Ás veces, vexo de esguello algo que se move aí nun recanto do campo visual, nas beiras dos lentes, coma un deformado límite. E xiro a cabeza, e faise un paxaro, unha folla que cae, un siléncio que rompe.

Medra de novo a lua. Nesta cidade, nesta rua, nesta casa e, non estou certo, en min mesmo. Os chantos ergueitos da horta dividen con calma os espazos. As follas secas da cerdeira caen lentas, unhas a un lado, outras ao outro. E o tempo pasa engorde.

     Unha grande aperta do teu curmao.

2009/12/06 Posted by | epistolário | Deixe um comentário

fotos_245 víctor jara

O SEGUNDO ENTERRO DE VÍCTOR JARA

(Diário El País, 05.12.2009)

Lugo, 2 xuño 2009          © xosé marra

2009/12/05 Posted by | fotografia | Deixe um comentário